miércoles, 30 de noviembre de 2022

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 


Como xa vos anunciábamos, a semana pasada, na biblioteca da Avelaoina Luiña, desenvolveuse un obradoiro de experimentos, no que participou toda a rapazada do noso centro. 
Fixérono xenial! Son uns e unhas autenticos/as científicos/as!
Ademais o xoves 24, estiveron na nosa biblioteca, o equipo de "Ciencia divertida" de Arenaria Coordinación, cos que aprendemos moito sobre o importante papel das mulleres na ciencia, á vez que nos divertimos facendo novos experimentos.
No seguinte vídeo podedes ver algúns deses momentos.


Ademais, por petición popular, tamén vos deixamos aquí as instruccións de como facer estes experimentos nas vosas casas. 


 

  

 

 

 


"A ciencia está chea de momentos épicos coma este. Coñecelos e transmitilos é un deber no que todos, non soamente os que somos científicos, debemos participar. Amigos: temos unha historia da ciencia tan rica como descoñecida. Cando leades unha historia coma esta, facédea vosa e transmitídea, porque cada vez que a contedes estaredes sementando a curiosidade pola ciencia e contribuiredes a facer medrar no noso pobo unha cultura científica moi necesaria, que nos permitirá avanzar como sociedade e nos fará máis libres." José Tubío

No hay comentarios:

Publicar un comentario