miércoles, 25 de febrero de 2009

P A Z 2009

Murais, exposicións, cancións, ...foron algunhas das actividades levadas a cabo por toda a comunidade educativa do noso Centro.

O traballo conxunto do Equipo de Extraescolares, Normalización e Biblioteca escolar e a boa acollida por parte do profesorado e alumnado deu os seus froitos. Elaboración de contos de temática pacifista, actividades JavaClic sobre libros, actividade en pizarra dixital, facendo un percorrido a traverso dos premios Nobel da Paz, audición musical de temas variados visualizando imaxes positivas e negativas en torno ao tema, exposición de libros, traballos nas aulas, elaboración conxunta de murais,... Destacar a idea dos máis pequenos coa elaboración de broches con forma de pomba.


1 comentario: