domingo, 29 de marzo de 2009

A POESÍA AO PATIO



Durante a semana do 23 ao 27 de marzo estivemos realizando actividades relacionadas co Día Mundial da Poesía. O alumnado, por cursos, estivo traballando diversos textos poéticos que penduraban en dúas columnas do patio. Eleximos poesías de autores/as galegos con estructuras fáciles de reproducir: García Teijeiro, Ana Mª Fernández, Elena Villar Janeiro, Anisia Miranda,... Para rematar a semana, tivo lugar un recitado na biblioteca, con diversos ritmos, coa colaboración dunha avoa que recitou longuísimos poemas, dando proba dunha prodixiosa memoria.




No hay comentarios:

Publicar un comentario