martes, 28 de abril de 2009

INTERCAMBIO DE LIBROS


Hoxe realizamos o intercambio de libros cos colexios Praia Xardín de Boiro e Santa María do Castro de Cabo de Cruz. Agasalláronnos cun libro adicado, para cada clase. Libros de fantasía e de información. Agora disfrutaremos coa súa lectura e aprenderemos como xogaban os nosos avós e avoas nun fermosísimo libro titulado :"Os xoguetes esquecidos". Alumnado do noso centro tamén se desprazou aos dous colexios para entregar os libros e contarlles tres contos axudados do kamisibai.

No hay comentarios:

Publicar un comentario