martes, 16 de noviembre de 2010

OS FROITOS DO OUTONO

Realizamos unha exposición con froitos do outono, baixo o lema que reza o seguinte refrán: "A horta no outono, mantén ao seu dono". A gran maioría dos froitos foron traídos polo alumnado e collidos nas árbores das súas casas: freixoas, caquis, maracuias, granadas, kuiwis, castañas, noces...Estivemos vendo as diferenzas entre froitos secos e carnosos. Tocámolos, abrímolos, percibimos o olor, probámolos...e seguimos completando as follas dun libro de información de cada froito, que comezamos a realizar o curso pasado. Este ano engadimos as follas para o maracuiá, a freixoa (que hai moita na zona), figo chumbo. Bo proveito!

No hay comentarios:

Publicar un comentario