jueves, 9 de diciembre de 2010

O CADERNO AZUL

O alumnado de 5º segue co seu club de lectura. Neste caso, o libro elexido "O caderno azul" de An Alfaya. Unha triste historia, que lles serviu para reflexionar sobre a amizade. A protagonista, a raíz dunha grave enfermidade comeza a escribir poemas, buscando a inspiración en pequenos detalles da vida cotiá. Late no libro un terrible tema: a enfermidade da SIDA. Este grupo de alumnos e alumnas buscou información acerca do tema, que por desgraza está presente na sociedade que nos tocou vivir. A partires da lectura, da reflexión e da busca de información elaboraron diversos traballos. En breve estarán colgadas na web do centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario