martes, 28 de diciembre de 2010

O TESTAMENTO DO TÍO NACHO

O curso pasado, dende a Biblioteca xorde a idea de propoñer a pais e nais a posibilidade de reprensentar unha obra de teatro no festival de Nadal. Así o fixemos; dada a boa acollida por parte de toda a comunidade educativa, este ano volvemos a unir esforzos para pór en escea: "O testamento do tío Nacho" divertida peza de teatro. Como responsable da biblioteca e coordinadora desta aventura aproveito para darlle as grazas a Agustín Ouviña, Carmen Places, Belén Calo, Ana Belén Bandín, Eugenia Muñiz, Mª Carmen Sánchez, Rocío Castro (pais e nais do Centro) Ruperto Torrado (conserxe) e Ana (persoal limpeza) polo frío que pasamos ensaiando no pavillón, polas horas adicadas, polos esforzos de combinar horarios, polos materiais que achegaron...e polos momentos tan divertidos que pasamos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario