miércoles, 2 de febrero de 2011

DÍA DA PAZ

O venres reunímonos na biblioteca do centro para celebrar o día da Paz. Recordamos a figura de Ghandi e tamén falamos de Wangari Maathai, premio Nobel no 2004. Desta última oímos o conto narrado por alumnos e alumnas dos distintos cursos: "Wangari e as árbores da paz. Logo cantamos varias cancións: "No dudaría" de Antonio Flores; "Más allá" de Gloria Stefan; "Que canten los niños" de Perales; "Rosa de la paz" de Amaral: "Quítame ese velo" e "Africanos en Madrid " de Cómplices. Como broche final e seguindo co Proxecto Anual da Biblioteca cantamos "Hakuna Matata" facendo un guiño á cultura africana que estamos a traballar en infantil.


No hay comentarios:

Publicar un comentario