domingo, 5 de junio de 2011

PREMIOS LITERARIOS "RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ"

O resultado do IV certame literario “Ramón Martínez López” celebrado no concello de Boiro neste 2011, demostrou, unha vez máis, a alta participación e calidade dos distintos textos presentados, xa que a organización tivo serios problemas á hora de decantarse polos premiados/as, pois foi moi alta a calidade dos traballos. Este ano, e seguindo con cursos anteriores, o alumnado do CEIP de Cespón expresou o seu gusto pola lecto-escritura participando neste certame, e acadando tres significativos premios.
Categoría A : Sergio Rial Fernández, obtivo o primeiro premio coa obra “Baúl máxico”.
O segundo premio foi para Javier Torrado Martínez, coa obra “O escarabello”
Categoría B: Carlos Piñeiro Vázquez acadou o primeiro premio coa obra “A adopción de Marcos”.
Felicitar a todos/as os/as participantes e organizadores deste evento, significando un pulo importante para a cultura en xeral, e o fomento da lecto-escritura en particular.



No hay comentarios:

Publicar un comentario