Agustín Fernández Paz recibiu outro novo premio. Aínda que moitos/as de vós o coñecedes quero recordarvos que no ano 2007 estivo no noso centro e mantivo unha conversa co alumnado "No corazón do bosque", "Fantasmas no corredor" "Un tren cargado de misterios" "O laboratorio do Doutor Nogueira",... foran algúns dos libros elixidos para traballar máis polo miúdo. Tamén vos deixo o enlace para recordar aquela estupenda sesión. E seguro que se mirades na Biblioteca atoparedes libros coa adicatoria deste xenial mestre e escritor galego.
Vén de acadar o Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil que se entregará na Feria Internacional do Libro de Guadalajara (México). O xurado distinguiuno pola "súa extensa obra narrativa, que aborda unha gran diversidade de xéneros e temas".
Dende a Biblioteca de Cespón PARABÉNS, AGUSTÍN!
No hay comentarios:
Publicar un comentario