Durante o segundo trimestre, na clase de 6º estivemos traballando o libro Historias Secretas en la Noche escrito por Joan Manuel Gisbert, un dos escritores máis representativos da lingua española. O libro está ilustrado por Francisco Solé.
Trata a historia de Konrad, titular do señorío de Warlavia, que decide convocar un singular concurso de narradores. Despois de moito buscar por terras lonxanas, encontrará a dous candidatos, un home e unha muller, de moi distintas orixes, Ismal e Nubis. Durante unha noite, contarán historias incribles que farán que Konrad teña que tomar una decisión moi complicada.
Lémolo aproveitando o tempo de lecer, en voz alta e coa axuda da mestra como guía, explicándonos o significado dalgunhas palabras e expresións que descoñeciamos. Ao remate realizamos unhas fichas de comprensión lectora que contiñan diversas actividades de ampliación.
Unha delas realizámola en conxunto, formando grupos de catro persoas. Tratábase de inventar unha pequena historia utilizando unha serie de palabras relacionadas coa lectura. Co obxectivo de traballar a lectura nas diferentes áreas tamén realizamos o noso propio castelo, como un traballo máis de educación artística.
En canto ás ilustracións pódese dicir que son imaxes perfectamente acordes ao tema do libro, en tons apagados e sobrios que nos ambientan a difícil situación que vivían os protagonistas.
O libro está estruturado dun xeito pouco habitual, xa que existe unha historia principal que engloba outras secundarias, o que fai que o libro sexa máis entretido á hora de lelo e o converta nunha obra singular que dou pé a numerosos comentarios.
A lectura, os comentarios e os traballos que fixemos enriquecen o valor que o libro ten de seu ao poder compartilo cos demais.
A clase de 6º recoméndalle a todos/as que lean, desfruten e ao mesmo tempo aprendan con este libro, cargado de fermosas expresións, emocións, sentimentos… Desfrutade da lectura coma nós tamén o fixemos!
Alumnado de 6º

No hay comentarios:
Publicar un comentario