O impresionante ilustrador Abraham Carreiro estivo hoxe, martes 17 de abril co alumnado de 5º de primaria para falar do seu libro "Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata". Nun abrir e pechar de ollos realizou as ilustracións dos personaxes do libro. Logo, pasou un vídeo no que lles foi relatando ao alumnado os pasos para realizar as distintas ilustracións. A continuación, conversa: dúbidas, preguntas, recomendacións...e por último asinou os libros, deixándolle a cada alumno unha pequena caricatura. ESTUPENDA ACTIVIDADE!
martes, 17 de abril de 2012
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario