O 19 e 20 de abril tiveron lugar no Pazo de Congresos en Santiago, os encontros do Plan Mellora de Bibliotecas Escolares 2011/2012. O noso centro estivo representado pola coordinadora da Biblioteca, asistindo aos relatorios impartidos: "Aprender a aprender" Elena Martín, da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Madrid e "La lectura sin libros" José Antonio Millán, escritor, editor e lingüísta. Interesantes, amenas... así como ás experiencias presentadas por compañeiros/as de IES, CEIP e EEI de distintos centros de Galicia. Interesantes tamén todos os materiais expostos: libros, cadros, marcapáxinas, calendarios, formación en usuarios... en fin, miles e miles de ideas que darían para pasar o día "curioseando" con fins didácticos. Agora, toca a reflexión: por unha banda, coido que a Biblioteca Avelaiona Luíña imos polo bo camiño, polo camiño de Aprender a Aprender (AaA), polo camiño de traballo en equipo, polo camiño de aprender para poder ensinar, polo camiño de traballar habilidades sociais contextualizadas... pero sinto que aínda estamos lonxe de que a Biblioteca teña o protagonismo, o apoio que se merece... Coido que nos falta, en moitos casos, ter a meta clara, que conseguimos daquilo que nos propuxemos,...
Déixovos a seguinte reflexión de Lao-Tsé (filósofo chino), que ademais de fermosa paréceme moi ilustrativa :
"Si me hablas, escucharé
Si me muestras, miraré
Si me dejas hacer, aprenderé"
No hay comentarios:
Publicar un comentario