domingo, 10 de junio de 2012

MEMORIA PLAMBE 2011/2012

Aquí vos deixo unha pequena recompilación de actividades levadas a cabo ao longo do ano. Pensade que só están as que teñen unha relación máis directa coa Biblioteca e aínda así algunhas faltan, por diversas razóns; a principal é que esta memoria tiña que ser enviada antes do 10 de xuño á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Como coordinadora do Equipo da Biblioteca aproveito para dar as grazas ás compañeiras que formaban parte da Comisión da Biblioteca, aos compañeiros e compañeiras do Claustro por levar a cabo e interesarse por todas as actividades propostas. E especialmente a Muñiz e Ana que sempre estaban aí prestando a súa gran axuda. Tamén ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega...pero sobre todo a vós: NENOS E NENAS DO C.E.I.P. CESPÓN, sen vós esta memoria non tería sentido.

No hay comentarios:

Publicar un comentario