miércoles, 20 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA

Día da Poesía, 21 de marzo. O alumnado, nesta ocasión de 6º de primaria, elaborou un fermoso mural que hoxe a última hora xa estaba listo e colgado na entrada ao centro. Mañá dedicaremos a hora de ler aos poemas. Este ano prestamos especial atención aos versos do libro "Verdedades" de Yolanda Castaño. Agora déixovos un díptico que entregaremos mañá para ler co noso alumnado e que trasladarán ás familias para gozar da entrada da primavera, do agromar das árbores e do canto do cuco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada