viernes, 17 de mayo de 2013

CERTAME MARCAPÁXINAS


O alumnado do noso centro participou no Certame de marcapáxinas convocado polo Departamento de Cultura do Concello de Boiro. A participación foi masiva e as técnicas empregadas variadas e moi orixinais. O xurado elixiu os marcapáxinas de Carla de 4º e de Nicolás de 3º. Neste mesmo acto, celebrado na Casa do Concello tamén se realizou a lectura de poemas por parte do alumnado dos centros de primaria de Boiro. Adriana de 4º realizou a lectura do poema "A FALA" de Manuel María e Lidia de 3º encargouse de recitar os versos de Mamá Cabra titulados "Con so leres un libro".

No hay comentarios:

Publicar un comentario