lunes, 13 de mayo de 2013

XII SEMANA CULTURAL

Dentro do mes das Letras, como vén sendo habitual celebramos a Semana Cultural na que a o ENLG xunto coa Biblioteca, organizan unha serie de actividades lúdico - didácticas. Entre as variadas actividades que realizamos hoxe, 13 de maio, déixovos unhas fotos da "MESA DE EXPERTOS/AS" que teremos ao longo de varias sesións onde cada clase presenta un ser mitolóxico enmarcado dentro do Proxecto Anual "Lendas no Tempo. Tempo de Lendas" así como nos transportan a lugares máxicos a través de diferentes lendas que chegan ata os nosos oídos. Falarán o alumnado de 1º A sobre A COCA, : O BASILISCO, 4º:A MARUXAINA, 5º:PEPA A LOBA E PEDRO CHOSCO e 6º sobre OS DEMACHIÑOS e  AS MOURAS. Interesante experiencia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario