sábado, 28 de diciembre de 2013

A COMUNIDADE ESCOLAR ESTÁ DE FESTA!!!!

E non é para menos!! Unha vez recibido o premio á mellora en innovación educativa concedido pola Xunta de Galicia grazas á excelente labor do profesor Manuel Villar, Carla e Anxo (protagonistas) do vídeo "Bos días, princesa" realizamos unha xornada de portas abertas: a nota gastronómica púxoa unha doce chocolatada con churros. Logo, realizamos o visualizado simultáneo do vídeo en varias aulas e na biblioteca do centro. Estivo tamén con nós a TVG para dar a coñecer o noso centro e o excelente traballo levado a cabo. Grazas a todas as familias que ese día puideron estar con nós acompañando aos seus fillos e fillas nesta xornada festiva, así como a concelleira de educación do concello de Boiro. PARABÉNS, BOS DÍAS PRINCESA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario