viernes, 24 de enero de 2014

EXPOSICIÓN ORAL: " AS PLANTAS"

O alumnado de 3º curso de primaria, nesta ocasión non realizou una proba  escrita ao rematar a explicación do tema . A proposta foi distinta: por parellas elixiron un apartado do tema: tipos de talos, a fotosíntese, a alimentación nas plantas, tipos de follas, partes dunha folla.... Adicamos tres sesións para preparar a exposición. Elaboraron materiais para que a explicación resultase máis visual. E... a expresar as súas ideas!!!!!!!. Logo, e tamén por parellas,  foron valorando a explicación dos compañeiros/as,  tendo en conta a dificultade da parte  elixida, a elaboración de materiais...A experiencia resultou moi motivadora e positiva. Mirade agora, diversos momentos da clase impartida por estes alumnos e alumnas, así como, dos traballos elaborados. PARABÉNS! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario