viernes, 5 de diciembre de 2014

DÍA MUNDIAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A Asociación AMICOS desenvolveu unha serie de actos en Boiro para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade. Representantes dos concellos e escolares de toda a comarca apoiaron esta iniciativa reivindicando a inclusión social e a igualdade de oportunidades para todas as  persoas.
Boiro foi o lugar elixido por AMICOS para reivindicar os dereitos das persoas con discapacidade nesta data na que se pretende facer visible a esta colectivo. Ademais dos usuarios e familiares da asociación, no acto participaron máis de catrocentos escolares de toda a comarca. OS alumnos e alumnas de 5º e 6º do noso centro  estiveron participando neste acto.  Os membros da entidade deron lectura a un manifesto reivindicando unha sociedade xusta con igualdade de oportunidades para todos e a promoción dunha educación que fomente a autonomía das persoas con discapacidade. O acto rematou cunha solta de globos trala que os escolares participaron en diversos xogos e actividades educativas sobre igualdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario