domingo, 25 de octubre de 2015

EXPOSICIÓN FROITOS DE OUTONO

As nenas e os nenos  de 3º e 4º, xunto coas titoras e á axuda das familias, puxeron a funcionar unha exposición sobre os froitos desta tempada: froitos secos e froitos carnosos. O alumnado trouxo cestiñas con diversos froitos das súas hortas. Ao lado de cada un destes froitos outonais  figuraba una ficha explicativa. Logo, por parellas, realizaron diversas actividades de procura de información. Con posterioridade, xogos nos que participaban os cinco sentidos: adiviñar as froitas tocando, ulindo,...e como non degustando. Escribimos poemas, adiviñas e cantigas sobre estes froitos. Nesa mesma semana e como broche final invitamos ao alumnado de 1º e 2º. Explicámoslle o aprendido e compartiron con nós a degustación.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario