viernes, 27 de noviembre de 2015

PRESENTACIÓN ALIMENTOS ALUMNADO DE 5º

O alumnado de 5º foi o encargado de inaugurar as distintas xornadas de información que imos levar a cabo  na biblioteca ao longo do curso. Nesta ocasión faláronnos do PAN DE CEA e do XAMÓN DE A CAÑIZA. Á actividade asistiu o alumnado de 1º e 2º de primaria e está enmarcada dentro do Proxecto Anual sobre "a cociña": "lendo e cocinando, pasa o tempo voando".
Informáronnos da situación de cada localidade, de como chegar, dos lugares que podemos visitar,...centrando a súa charla nas excelencias culinarias do pan de Cea e do saborosísimo xamón de A Cañiza.
PARABÉNS RAPAZAS E RAPACES!

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada