domingo, 27 de marzo de 2016

KARAOKE "DIEGO O JALOPÍN"

Á  biblioteca Avelaiona Luíña do CEIP Cespón,  vén de chegar o CD tempo de xogos,  de Gabriel Riveiro e Ramón Raíndo. "Unha aventura musical destinada aos mais cativos da casa". Realizada por mestres/as e alumnado da Escola de música do noso Concello.
Non queremos deixar de pasar esta ocasión, sen dar a coñecer ao noso alumnado os temas tan fermosos que podemos escoitar no CD. Neste caso, o tema leva por título DIEGO O JALOPÍN. O alumnado de 4º de primaria plasmou a través de debuxos e percorrendo distintas zonas do centro a historia que aquí nos contan. ÁNIMO ...E A CANTAR!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada