jueves, 31 de marzo de 2016

LEDICIA COSTAS VISITA A BIBLIOTECA AVELAIONA LUÍÑA

Hoxe, 31 de marzo a escritora Ledicia Costas visitou á nosa biblioteca para reunirse co alumnado de 5º e 6º. Estiveron a falar do libro "Escarlatina, a cociñeira defunta", dado que as nenas e os nenos de ambos os dous cursos estiveron lendo este libro no 2º trimestre. E non só gozaron coa súa lectura, tamén realizaron todas as receitas que a protagonista propón. Contamos coa colaboración das familias para que as levasen a cabo. A verdade  é que foi un mes moi doce: era raro o día na que o alumnado non aportaba algunha sobremesa.
Aquí vos deixamos distintos momentos da cita: mural que o alumnado  elaborou, sinatura de libros, degustación de piruletas de chocolate,...
Este foi un marabilloso libro moi en consonancia co tema da biblioteca: A cociña.
Recordar tamén que esta autora obtivo con este libro o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada