jueves, 14 de abril de 2016

O CEIP CESPÓN PRESENTE NAS XORNADAS DO PLAN DE MELLORAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O CEIP Cespón, como vén sendo sendo habitual desde a súa incorporación ao Plambe,  hai xa 10 anos acudiu ao Encontros do plambe. Tiveron lugar o xoves e o venres (7 e 8 de abril) no Pazo de Congresos de Santiago. Puidemos gozar das distintas ponencias da talla de Mónica Baró, Gemma Luch, María Manuela Silva, Eduardo Sáenz de Cabezón...todos e todas verdadeiros profesionais no  mundo da alfabetización informacional, formadores na área da lectura e organización de bibliotecas escolares. E como non tamén comprobamos a gran labor que se está desenvolvendo nas bibliotecas escolares dos centros galegos,  como quedou presente na presentación das diversas experiencias e  materias presentados. PARABÉNS ÁS E AOS ORGANIZADORES!


No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada