Unha idea moi orixinal foi levada a cabo dentro do feirón celebrado o venres 20 de maio. O alumnado de 5º e 6º coa axuda do profesorado confeccionou a palabra LETRAS GALEGAS, 2016 a partires das cartolinas das caricaturas dos autores e autoras homenaxeados/as ao longo de todos os anos no Día das Letras Galegas. O esforzo e o traballo quedan moi ben plasmados nestas estupendas e logradísimas letras. LETRAS que, sen dúbida, queremos adicar a este extraordinario galego: Manuel María.
sábado, 21 de mayo de 2016
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario