O mércores, 22 de xuño, o alumnado de 5º de primaria recibiu una grata sorpresa. Dentro dos distintos produtos que cada curso estivo investigando no Proxecto Anual da Biblioteca, este alumnado, entre outros produtos, presentou o PAN DE CEA. Pois ben, o presidente do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida do Pan de Cea, Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez, visitou o centro e tivo un encontro co alumnado de 5º, ofrecendo explicacións e aclarando posibles dúbidas. Tivo o enorme detalle de obsequiar a cada alumo/a cun molete de pan de Cea. ( Fai click encima da foto para vela en grande)
O EQUIPO DA BIBLIOTECA DO CEIP CESPÓN QUERE MOSTRAR O AGRADECEMENTO ANTE ESTE ENORME DETALLE. MOITAS GRAZAS!
No hay comentarios:
Publicar un comentario