martes, 25 de octubre de 2016

ALAMANAQUE CARLOS CASARES

O Equipo de Dinamización da Lingua propuxo a actividade de realizar un calendario para homenaxear o autor das Letras Galegas, 2017: CARLOS CASARES. Cada titoría elaborou un debuxo relacionado cun libro deste autor. Conxuntamente coa Biblioteca fíxose un calendario para cada aula. A idea é de que no mes de novembro comece a ir polas casas das familias a través das nenas e dos nenos.
A portada, elaborada polos máis pequenos e pequenas do centro mostra a foto de Carlos Casares rodeado de varios elementos que dan vida as catro estacións do ano. Cada aula introduciu distintos elementos ( palla, arame, tapóns, plastilina,... ) na confección das portadas de cada mes! PARABÉNS!
   


 
  

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada