Unha vez máis e por terceiro ano consecutivo, contamos cunha nova exposición no centro, a través do CEIDA. Nesta ocasión dispoñemos de 5 paneis explicativos que achegan ao alumnado ao ecosistema dunar: fauna, flora, formación, tipos de dunas, perigos para a conservación das dunas,..
A exposición atópase ao lado da biblioteca e o alumnado, ademais de informarse, pode realizar por parellas ou a nivel colectivo actividades escritas facilitadas polo Equipo da biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario