O curso pasado o alumnado de 5º de infantil, dentro do Proxecto Anual da biblioteca sobre os animais, comezou procurando información das avelaionas. Como todas e todos sabedes Luíña, a mascota da nosa biblio, é unha avelaiona. Foi na biblioteca onde este alumnado nos estivo informando das características e curiosidades destas aves de hábitos nocturnos. Tamén realizaron traballos plásticos coa figura da avelaiona. Pois ben, tivemos o pracer de que agasallaran á biblioteca coa súa fermosa avelaiona, feita con moitos elementos naturais, sobre todo follas de millo.
Con posterioridade o Equipo da Biblioteca recolleu a información do alumnado e a data de realización e plasmouse en dúas vistosas placas que colocamos na entrada da biblioteca.
E aquí podedes observar o traballo finalizado, presidindo a entrada a nosa biblioteca. Grazas ao alumnado de 6º de infantil e a súa titora Raquel.
No hay comentarios:
Publicar un comentario