Dentro do proxecto anual da biblioteca: "O UNIVERSO", o alumnado de 3º ten que procurar información relacionada co planeta TERRA. O punto de partida foi a elaboración dun gran mural colectivo con información sobre o tema. Realizouse tamén algunha manualidade para reflectir os tamaños da Terra, o Sol e a Lúa e os distintos movementos. Outra das actividades, foi a elaboración dun comecocos (típico xogo infantil) na que combinaron a destreza no pregado do papel coa procura de información. Outra tarefa foi a realización dun colar na que plasmaron os tamaños e as cores dos distintos planetas do Sistema Solar.
Dar as grazas ás familias que se implicaron no tema e enviaron unas fermosas maquetas do Sistema Solar.
Agora agardamos en breve poder expoñer esta información ao alumnado doutros cursos.
VERÉMONOS NA BIBLIOTECA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario