QUE RICA ESTÁ A FROITA!
O colexio, dentro da súa programación de actividades de cara ó fomento dunha vida saudable e unha alimentación equilibrada participa na acción proposta pola Consellería de Medio Rural e do Mar e coordinada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no marco dos Plans Proxecta. Do 11 ao 22 de febreiro de 2019, levouse a cabo a degustación DA FROITA FRESCA NO COLEXIO.: mazás, plátanos, mandarinas, fresas, plátanos,..
Desde a Biblioteca Avelaiona Luíña, aproveitamos a ocasión para pedir a colaboración do alumnado para realizar receitas con froitas. Aquí vos deixamos algunhas das estupendas maneiras de comer froita.
Ao mesmo tempo o alumnado puido consultar a gran cantidade e variedade de fondos da biblioteca en torno a este tema.
No hay comentarios:
Publicar un comentario