viernes, 22 de febrero de 2019

ROSALÍA NA BIBLIOTECA

Foron moitas e variadas as actividades programadas polo Equipo da Biblioteca e Dinamización da Lingua. Na biblioteca o alumnado realizou distintos xogos coa vida e obra de Rosalía: sopas de letras, crebacabezas, poemas misteriosos... Desde Dinamización, baixo o lema "MANIFÉSTATE CON ROSALÍA" e seguindo a proposta da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cada curso deseñou unha cartolina,  copiando un poema no que Rosalía denuncia algunha inxustiza social: pobreza, violencia de xénero, desafiuzamentos, ...
Outra actividade MOI DOCE foi a elaboración de caramelos con poemas de Rosalía. Estes caramelos foron levados a establecementos da contorna, para espallar a obra de Rosalía .


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario