sábado, 2 de noviembre de 2019

FONDOS SAMAÍN

Cada curso visitou a exposición dos fondos relacionados co SAMAÍN. Visualizaron libros de recente incorporación á biblioteca e outros xa coñecidos, pero moi apreciados por esa estraña sensación de medo, arrepío, calafríos,...que producen. Toda unha reunión de meigas, vampiros, zombis, pantasmas, esqueletos...no corredor que comunica coa biblioteca.
Pois tal e como nos propoñían desde a biblioteca, una vez visualizados e recordados os misteriosos personaxes...agora tócanos a nós: o alumnado. É HORA DE ESCRIBIR O NOSO CONTO DE SAMAÍN, no que mesturaremos moitos destes personaxes,  nunha arrepiante  historia que poñerá os pelos de punta...

 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario