domingo, 16 de febrero de 2020

FIGURAS OCULTAS

Hidden Figures é un filme biográfico estadounidense de 2016 dirixido por Theodore Melfi e escrito por Melfi e Allison Schroeder. Está baseado no libro de non ficción do mesmo nome de Margot Le Shetterly. Taraji P. Henson no papel de Katherine Johnson é unha matemática afroamericana que calculou as traxectorias de voo do proxecto Mercury e o voo á Lúa do Apolo 11 (1969). No filme tamén participan Octavia Spencer, Janelle Monáe, Kevin Costner, Kirsten Dunst e Jim Parsons. O filme estreouse nos Estados Unidos de América o 25 de decembro de 2016. En España a estrea produciuse o 20 de xaneiro de 2017 coa dobraxe en castelán (Figuras ocultas)[4]. As tres mulleres conseguen converterse nas primeiras mulleres afroamericanas en alcanzar metas ata entón imposible. Ademais do xa citado logro de Katherine Johnson, cómpre salientar que Dorothy Vaughan conseguiu ser a primeira supervisora dos servizos de IBM na Axencia, mentres que Mary Jackson se converteu na primeira muller en ser enxeñeira aeroespacial dos Estados Unidos.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario