miércoles, 10 de febrero de 2021

DÍA DE CASTELAO


 Nunha pequena e fermosa vila chamada Rianxo, nace, en 1886, un dos máis ilustres cabaleiros galegos, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.  

 Político, dramaturgo, médico, novelista, pintor,...foron algunhas das múltiples facetas ás que se dedicou este xenial escritor rianxeiro.  

Entre a múltiples obras literarias este ano, para conmemorar o DÍA DE CASTELAO eliximos “COUSAS DA VIDA”

Cousas da vida é unha colección dos debuxos que publicou na década de 1920 nas portadas de xornais galegos: Diario de Vigo e Faro de Vigo. Cada debuxo ía acompañado dun breve texto.

O alumnado do centro fixo unha recreación dalgunhas desas viñetas.

Aquí vos deixamos o vídeo con todas elas.

CURIOSIDADE:  a música que soa no vídeo titúlase “LELA” . A letra foi escrita por Castelao para a súa obra de teatro “OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE.


No hay comentarios:

Publicar un comentario