martes, 9 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER: 8 M

 O CEIP Cespón colabora coa proposta feita polo  Departamento de Cultura do concello de Boiro para conmemorar o 8 de marzo: “DÍA INTERNACIONAL DA MULLER”

O lema elixido: “ AS MULLERES DA NOSA VIDA.

. O alumnado de infantil aportou fotos das distintas tarefas ou traballos das súas nais, avoas,..

. Os cursos  de 1º e 2º realizaron ilustracións das súas nais, avoas, tías,... nos traballos e tarefas diarias.

. As nenas e nenos de 3º e 4º realizaron unha entrevista escrita a nai, avoa, tía,..

. As/os maiores do cole, 5º e 6º tamén realizaron a entrevista pero en formato vídeo.

A exposición pode visitarse na Casa Ramón Martínez López  de Boiro.

MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo con todos os traballos realizados e acompañado da música de "MATRIARCAS" de Guadi Galego.



No hay comentarios:

Publicar un comentario