martes, 1 de junio de 2021

OS MONIFATES

Os Monifates son un dúo cunha ampla experiencia musical, formado por un músico e un artesán que se encarga da confección dos instrumentos utilizados nas actuacións. 

Aínda que só se vexa un dúo, créase amplitude grazas á variada instrumentación que empregan: o eixo central está formado pola gaita tradicional, o bombo e a zanfona, intercalando entre as melodías outros trebellos coma o pínfano, os punteiros, ou a gaita tumbal do século XIX, ademais de diversa instrumentación de percusión como culleres, castañolas de peito, táboa de lavar...

As súas actuacións contan coa colaboración dos máis diversos bailaríns (monicreques), un porquiño, un galo,..


No CEIP Cespón quixemos poñer remate a Semana das Letras na compaña destes excelentes e algareiros músicos.

Escoitade, escoitade!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario