No ano 2015, a ONU estableceu un Día Internacional para recoñecer o rol crítico que xogan as mulleres e as nenas na ciencia e a tecnoloxía.
A finalidade é lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas.
Esta data ( 11 de febreiro e seguinte semana) traballámola na nosa biblioteca con diversas e var¡adas actividades:
- Exposición dos fondos da biblioteca sobre esta temática.
- Visitas de mulleres da contorna que están desempeñando a súa labor no mundo da ciencia.
- Videoconferencias con mulleres da contorna que están a levar a cabo a súa labor fóra da nosa comunidade.
- Realización de manualidades:
- As capas da atmosfera
- O sistema Solar
- Un cerebro coas distintas partes
- Unha neurona e as súas partes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario