martes, 1 de marzo de 2022

PROXECTANDO BOIRO: HOXE VISÍTANOS ...MARTA RÍOS

 O alumnado de 2º de primaria dentro do Proxecto Anual da biblioteca, PROXECTANDO BOIRO, recibe unha nova visita:  a boirense, MARTA RÍOS (mestra, contacontos, actriz...).

Este alumnado segue coas súas entrevistas a personaxes famosos da contorna. 

Recordemos que xa recibiron a visita de Javier Torrado (taekwondista boirense) e estiveron investigando sobre a vida e obra do músico boirense José España.

Nesta ocasión, con Marta Ríos realizáronlle unha entrevista e logo  contoulles o conto :

  O LONGO INVENO.

Seguiremos atentos e atentas para saber ...quen será a seguinte  persoa que visite a aula de 2º de primaria???



No hay comentarios:

Publicar un comentario