domingo, 24 de abril de 2022

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO: 2 DE ABRIL

 2 de abril: día mundial da concienciación do autismo.

Neste mes de abril, dende a nosa biblioteca escolar, quixemos visibilizar o autismo, a través dunha 

pequena exposición de libros, carteis e frases actualizadas sobre o TEA. 

Frases e ilustracións feitas por persoas autistas que merecen ser escoitadas con respecto e naturalidade.

O alumnado gozouna, entendeuna e comprendeuna. Pero aínda queda moito camiño que andar para 

chegar á sociedade inclusiva coa que soñamos todos e todas.

Aquí vos deixamos un pequeno vídeo coas imaxes desta exposición.

Recordade que estes libros están no servizo de préstamo da nosa biblioteca.

As láminas que aparecen no vídeo son de

 @mujer.asperger

@autista_infiltrada

@anabelcornago




No hay comentarios:

Publicar un comentario