lunes, 27 de junio de 2022

PROXECTANDO BOIRO: O MARISQUEO

Chegamos a última actividade dentro de "PROXECTANDO BOIRO":  achegámonos a Cabo da Cruz para ver o traballo dos/as mariscadores/as de a pé.

O alumnado de 4º, 5º e 6º visitamos a praia da Retorta e alí estivemos moi atentos/as ás explicacións das mariscadoras que nos foron comentando in situ as tarefas que estaban realizando, os distintos tipos e cantidades de ameixas e berberechos que podían coller, e un sinfín de curiosidades máis.

Logo puxemos rumbo a lonxa e alí comprobamos a gran cantidade de capturas do día. 

PREME NA IMAXE!




No hay comentarios:

Publicar un comentario