sábado, 22 de octubre de 2022

Boiro libre de plásticos!

En colaboración co concello de Boiro, e baixo o lema de “Boiro libre de plásticos”, estes días na nosa biblioteca, o alumnado de 4º, 5º e 6º participou nun obradoiro que consistiu en elaborar unha xardineira e un divertido xogo de pelota, empregando materiais de reciclaxe. Logo idearon un mural, e unha pequena exposición que podedes ver no seguinte vídeo. Queda pendente a limpeza da Praia de Mañóns, cando as condicións meteorolóxicas nolo permitan.  






2 comentarios:

  1. Dá gusto ver as caras de ilusión do alumnado realizando a actividade!
    Paréceme ideal a campaña que estades levando a cabo.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Si!Tíñamos moitas ganas de poder realizar actividades deste tipo. E agora por fin podemos.
      Moitas grazas polo comentario! :)

      Eliminar