miércoles, 2 de noviembre de 2022

Contacontos terroríficos polo Samaín!



Esta semana, continuamos conmemorando o día das bibliotecas, cun montón de contacontos de Samaín. Esta vez, os protagonistas foron os nosos alumnos e alumnas. Gozaron moito dramatizando historias de pantasmas, bruxas, esqueletos, cabaciñas, lobos... e outros bechos estranos.

Moitas grazas a todas e todos! 

Fixéstedelo de medo!


Música do vídeo: "Imos contar un conto" de Pablo Díaz

Aquí deixamos a nosa selección de historias terroríficas: 

-         A casa da miña avoa (alumnado de 3 anos)

-         Corre, corre cabaciña (alumnado de 4 anos)

-         Un becho estrano (alumnado de 5 anos)

-         Unha pantasma con asma (1º de primaria)

-         Raquel ten medo (2º de primaria)

-         A estraña visita (3º de primaria)

-         A min non me comas (4º primaria)

-         O zombi (5º de primaria)

-         A figueira de Pelostortos (6º de primaria)


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario