miércoles, 21 de diciembre de 2022

Experimento de neve artificial

Ademais das recomendacións lectoras, nos dípticos que se enviarán ao alumnado, irá esta proposta de experimento. Se alguén o fai na casa, ensinádenos fotos, para que poidamos ver o ben que o pasades, coa ciencia en familia.

NEVE ARTIFICIAL

MATERIAIS:

  - 3 medidas de bicarbonato sódico.

   - 1 medida de auga fría.

   -Recipiente amplo e alongado.

 COMO SE FAI?:

1º Botamos o bicarbonato sódico no recipiente. Ten que quedar unha fina capa ben distribuída.

2º Pouco a pouco, engadimos auga para que o bicarbonato se expanda. É mellor empregar auga moi fría para que ao tocala a sensación sexa máis realista.       

3º Xa temos lista a nosa neve artificial. Agora podemos xogar con ela a facer pequenos bonecos de neve ou calquera outro xogo que se nos ocorra. Tamén a podemos tinxir de cores con colorante alimenticio ou témperas.

INFORMACIÓN ADICIONAL:

A neve artificial é unha experiencia sensorial moi interesante.

É recomendable facer este experimento coa supervisión ou axuda dun adulto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario