O 7 de 8 de abril tiveron lugar os Encontros de Plan de Mellora de Biliotecas Escolares no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Preto de catrocentos centros (entre eles o C.E.I.P. Cespón) de toda Galicia estiveron alí representados polos/as coordinadores/as das respectivas bibliotecas escolares. O conselleiro de Educación, Xesús Vázquez Abad, abriu o acto do segundo día e o broche final dos encontros contou co xenial e sempre entrañable escritor Xesús Neira Vilas. As súas sinxelas verbas puxeron aos oíntes en pé ao son de merecidos aplausos. Teresa Maña, Mónica Baró da Universidade catalana, o ilustrador Kiko da Silva,...intercambio de experiencias, materiais e libros con outros centros... fan que estas xornadas ano tras ano sexan de gran proveito. Grazas Pilar e Cristina pola gran labor que levades a cabo.
sábado, 9 de abril de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario