miércoles, 13 de abril de 2011

XOA E O SEU ILUSTRADOR: RODRIGO CHAO

O alumnado do 2º ciclo participou nun obradoiro de ilustración da man de Rodrigo Chao, ilustrador boirense. Este ciclo traballou previamente o libro Xoa, do que é ilustador. Amosoulles ilustracións realizadas por el, acuarelas e papel especial que emprega para o seu traballo. Logo, ensinoulles unha serie de trucos ou técnicas á hora de levar a cabo certos debuxos, insistindo na utilidade dos eixes de simetría en determinadas figuras. Lástima que, por diversas razóns, estes obradoiros non se poidan realizar máis a miúdo. Grazas Rodrigo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario