E chegou o Día do Libro. Como sodes tan traballadores/as xa puidemos adicar parte da mañá lendo os contos que decoran os nosos corredores: Temos moito conto!!!! Contos fantásticos cheos de imaxinación ...de traballo...daba gusto ver como os nenos e as nenas se ían poñendo de acordo para elixir as portadas que cadrasen coa súa idea...coa súa historia...co que querían transmitir,...Tamén se visitou a exposición de novidades e puidemos sentar nas cadeiras da nova saliña de lectura, ou mesmo estirarnos no chan ou sentarnos,...Logo repartimos unha pegatinas caseiras coa nosa mascota Luíña e os marcapáxinas enviados pola Asesoría de Bibliotecas Escolares. Mirade algúns deses momentos que vos estou narrando:
miércoles, 24 de abril de 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario