Esta semana estivemos realizando diversas tarefas relacionadas coa próxima visita de Anxo Moure. Realizamos un mural colectivo, reflexo da natureza que tanto coida e defende o noso contacontos: infantil encargouse das árbores, 1º ciclo realizou fermosos animaliños con plastilina e o 2º ciclo ras, xoaniñas e bolboretas en cartolinas. O 2º ciclo tamén se encargou de plantar carballos en zapatóns e meter libros de animais, plantas,...nos cestos que o alumnado trouxo das súas casas. Lemos Contos solidarios, informámonos da ciclobiblioteca e de moitas accións de Anxo Moure pola defensa e coidado da natureza. Mañá, 3 de maio estaremos con el na nosa Biblioteca. Xa vos contaremos!
jueves, 2 de mayo de 2013
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario