viernes, 3 de mayo de 2013

O 1º CICLO DIVÍRTESE COS CONTOS DE ANXO MOURE

O alumnado de 1º e 2º tamén estivo co xenial e divertido Anxo Moure. Contoulles historias de cando el era pequeno, de como abraza e fala coas árbores, do respecto e coidado cara ao medio ambiente, dos incendios,...a través de graciosos personaxes, dos contos "As árbores da paz" "O carballo con botas",... e o seu bo facer encheu a nosa biblioteca dun pozo de ensinanzas que quedaron gravadas na mente do noso alumnado. Grazas, Anxo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada